O regreso de Bermejo á Malata foi amargo...

A pesar de adiantarse o Racing cun tempranero gol de Aira no minuto 8, Pacheco igualaba a contenda vinte minutos máis tarde. Os erros defensivos do Racing foron determinantes, xa que ainda que o equipo triangulaba e facía circular ben o balón, os manchegos souberon aproveitar os agasallos brindados pola zaga galega. No último cuarto de hora e en apenas cinco minutos, Mario Bermejo marcou os dous goles que deron o triunfo o Albacete, e pese a non celebralos por cortesía, a Malata tivo que tragar un nú grandísimo na gorxa... No desconto e trala expulsión do gardamallas do Albacete, Sanzol, Baha recurtou distancia para o Ferrol de penalti... Pero as cousas seguen mal para os irmáns Veiga... Agora mesmo son antepenúltimos con tan só cinco puntos e catro derrotas nesta tempada...
Na Segunda B, o derbi galego entre o Negreira e o Celta B atopou un vencedor coruñés. O Negreira endosoulle un contundente 4-0 ó Celta B, quizais excesivo xa que o Celta non fico tan poucos méritos coma para recoller tantos balóns das súas redes... O Ourense recibiu unha goleada do Raio Vallecano no Couto por 1-4. O Raio é un equipo en expansión, e con claras opcións a regresar á categoría de prata... O Pontevedra recupera folgos logo da súa victoria en terras canarias contra o Vecindario... Un solitario gol de Charles dálle un respiro ós de Argibay... Todos os galegos están na metade da táboa: o Pontevedra noveno, o Ourense décimo, o Celta B undécimo e o Negreira décimo terceiro... Mentres non estean máis abaixo...
0 comentarios